
Este fin de semana comezamos a liga con una victoria en Pontevedra por 0-1 contra o CD Lérez. Na primeira parte o dominio foi noso, e fruto deso chegaría a expulsión no minuto 15 dun dos defensas rivales por derrivar a Adrián cando se dispoñía a encarar solo o porteiro. O noso gol chegaría no minuto 40 da primeira parte, marcouno Adrián tras un bo pase de Joserra, eles non se achegaban con perigo a nosa portería escepto nunha contra na que o balón salíu a escasos metros da portería. Tubemos oportunidades para matar o partido na primeira parte e non o fixemos. Nos segundos 45 minutos o xogo foi moi alternativo sin claras ocasios de gol. A medida que se achegaba o final eles presionaban mais. Eso fixo que nós nos pecharamos atras, e fruto deso chegarian un par de boas ocasios para eles. As mais claras serian un gol anulado tras un claro fora de xogo do dianteiro, e una barullo na area no que o final o balón marchouse por encima do longueiro.
3 puntos que conseguimos, e que son moi importantes, xa que nos da mais confianza para seguir entrenando. Nos seguímos coas mesmas ganas, ou incluso mais para demostrar moitas cousas. O seguite partido sera o sabado, no Sangoñedo ante o Ponte Ourense, que este fin de semana empatou 1-1 contra o Coruxo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario