
O Sábado pasado, xogamos o noso ultimo partido amistoso contra un rival de superior categoría, Ourense de Liga Nacional. O resultado foi de 0-1, o que non reflexou todo o visto no campo, xa que nós non merecíamos a derrota. Nos primeiros minutos Álex mandou un balón o longueiro nun saque de corner e xa co 0-1 a Joserra anuláronlle un gol por fora de xogo moi dudoso.
O gol deles chegaría nun lanzamento dunha falta no minuto 66.
Este partido servíunos para ver que semana a semana imos mellorando.
Non nos queda moito tempo, xa que este fin de semana empezamos a liga en Pontevedra contra un rival moi complicado
No hay comentarios:
Publicar un comentario