sábado, 22 de noviembre de 2008



Boas André


Esta semana foches valorado un dos 3 mellores xogadores do partido ante o Moaña por o entrenador, xunto con Alex e Adri. ¿Como se leva?.
A verdade que é un pracer que o entrenador valore o teu traballo, pero o verdadeiramente importante foi lograr os tres puntos nun partido que deixou moito que desexar. Esto foi posible ao traballo de todo o equipo.

Como ves o resultado do partido. ¿Cres que foi xusto?.
Quizáis foi un premio excesivo para o que se viu no campo. Realizamos un partido paupérrimo en todolos sentidos no cal hai moi pouco rescatable. Inda así destacar a importancia dos 3 puntos logrados que nos permiten seguir a soñar con pelexar cos postos altos

Xa recuperastes a alguns dos lesionados xa que contabamos con moitas baixas, ¿Cres que esto beneficiara o equípo cara as vindeiras xornadas?

Todolos xogadores do equípo teñen unha gran importancia tanto dentro coma fora do campo, polo cal o feito de que a xente se vaia recuperando e unha nota moi positiva. Ademáis , a competencia provoca que non haxa relaxación. Canta máis xente este dispoñibel significa que máis xente pode aportar algo o equipo.

Despois desta última xornada, ¿Como ves a liga?.
Co paso das xornadas vaise rompendo dunha maneira paulatina a clasificación, cuns equipos chamados a estar na parte superior da táboa que se empezan a descolgar o igual que outros na zona baixa. Inda así a confianza pode xogar malas pasadas, xa que hai unha gran igualdade no campo non reflectida na táboa clasificatoria. Pensar que xogar contra os equipos de abaixo e sinónimo de conseguir puntos é un erro, non hai partidos fáciles.

¿Que equípos ves coma favoritos ao ascenso?
Só podo valorar os equipos contra os que xogamos, e deses quedome con Arousa e Porriño. Teñen unha gran plantilla polo que o rematar a tempada estarán arriba seguro. A pesar de inda non xogar contra outros, por experiencia equipos como Comesaña, Alondras... estarán pelexando nos postos altos da clasificación.

¿Como ves este partido contra un rival que esta en postos de desceso?.
As gañas de sumar e de lograr saír dos postos baixos da táboa vai provocar que o C.Hogar seña un rival complicado. Sobre o verde non se reflexa a clasificación, así que non debemos de fiarnos ante o que vai ser un partido duro.

¿Como cres que se encontra o equípo para afronta este vindeiro partido?.
Respírase un ambiente no cal toda a plantilla está moi unida e concienciada de que traballando ben, podemos acadar grandes obxectivos. Foi unha boa semana de traballo e debemos de seguir con esta dinámica. En ilusión e gañas non nos vai gañar nadie, pero debemos de falar no campo e conseguir os 3 puntos no Sangoñedo, unha asignatura pendiente e unha débeda coa afición.

¿Atreberiaste a decir sobre que posicions quedaremos ao final da liga?.
Traballando ben e esixindonos o máximo non me atrevería a poñer metas. A posición final só depende de nós, e estou seguro de que acabaremos nos postos altos. Inda así e moi cedo para falar desto e debemos de ir partido a partido, pero o obxetivo que está patente na mente de todos e o ascenso.

¿E una cifra de goles?
Non son un xogador que se caracterice pola súa faceta goleadora, pero todolos goles que poidan chegar e que servan para axudar o equipo serán ben recibidos. Este ano estreneime como goleador en galega, ¿por que non continuar con esta dinámica?... Chegar os 5 goles estaría xenial.

Sobre a Liga Galega:

Un equipo: O mellor equipo o Areosa, pero quizás mellores xogadores o Porriño.
Un xogador: Calquera do noso equipo, todos se esforzan e se entregan o máximo, algo que só se pode admirar.
Dos equipos e dos xogadores contra os que xogastes ata o momento, ¿a que xogador ficharias?.
Hai moi bos xogadores na categoría, pero xente como o capitán do Porriño marcan as diferencias.



Muy Personal:

Un número: o 4
Un equípo: A SD.Chantada e o Celta.
Un xogador: imposible destacar a un, hainos moi bos... Dende tempos pasados (Maradona) a hoxe en día como Messi, Gerrard...
Un entenador: Oscar Méndez.
Un hobbie: Saír e disfrutar das amizades, escoitar música, a Play...
Unha manía: Dar dous bicos a todolos xogadores antes de saír o terreo de xogo.
O mellor xogador co que xugaches e: Todos realmente bos, cada un sempre aporta o seu.
Con quen che gustaria xogar ao teu caron: Quixera seguir xogando coa mesma xente, mellor imposible.
Un compañeiro: Non un, senon Todos!
Un gol: Airiños contra o Guardés.
O teu mellor gol: Inda que foi acompañado de sorte o que metín este ano en Porriño, fixome moita ilusión aparte de ser o meu 1º en galega.
Un recuerdo: Xogar dende novo a todalas horas nas rúas de marín, era incríble.
O partido que mellor recordo tes e: A victoria en barco onde gañamos a liga. Indescriptible.
O partido que peor recuerdos tes e: Chantada-Guardés. Inda que xogar ese partido foi algo abraiante, o mal sabor de boca do final nunca se esquecerá.
Por que xogas o futbol: Porque o fútbol non é unha cuestión de vida ou morte, e algo moito máis ca eso. "Bill Shankly"
O mellor deste deporte: Gozar da compaña dos compañeiros e a capacidade de ilusionarte e disfrutar.
O peor: As lesións sen dúbida. Algo secundario os fracasos.Un soño: Xogar en Anfield.
Unha frase: "La vida es algo que hay que morder"


Grazas André.
Sorte.

No hay comentarios: