domingo, 30 de noviembre de 2008

Portonovo - Chantada
Intentaremos traer un bo resultado dun campo moi complicado, xa que o Portonovo e un dos favoritos o ascenso. Encontrase a 2 puntos por debaixo nosa. Nos temoa gañas de seguír coa racha de victorias, e non queremos deixar escapar os equípos de cabeza

Arousa - Santa Mariña
O Santa Mariña visita o campo do lider, e resultaralles moi difícil sacar algo positivo. Mentras que o Arousa, non quere deixar o primeiro posto, e ecncotranse con moirta moral, xa que levan 4 victorias consecutivas.

Moaña - Caldas
O Moaña intentara sumar algo, para asi intentar deixar o último posto da tabla. Mentras que o Caldas, a pesar de realizar un xogo moi mediocre, esta na zoa media da taboa e conta con 12 puntos.

Colegio Hogar "B" - A.J. Lérez
O Hogar intentará sair dos postos de descenso ante un rival que está por esa mesma loita, afastarse o mais posible do descenso.

Comesaña - Porriño
O Porriño, un rescién descendido, intentará recuperar o terreo perdido cos de arriba. Sera moi complicado xa que visita aoa comesaña, que tan so perdeu un encontro e é segundo a 1 punto do líder con un partido menso.

Ourense "B" - Coruxo
Dous equípos que o seu obxetivo era estar entres os 8 primeiros, encontranse na zoa baixa da táboa, a tan so 6, e 2 puntos do descenso, respetivamente. Intentarán soloventar os seu problemas con unha victoria, e asi sumar os 3 puntos o seu casilleiro.

Castrelos - Areas
O Areas recupera a 3 dos seus 5 sancionados, e visita un campo dun equípos da zoa baixa, o Castrelo, que non acaba de arrancar e chegou a ser pechacancelas durante 4 xornadas. Ahora encontrase a tan so 3 poutos do descenso e intentará afastarse un chisco mais desa zoa perigosa.

Alondras - Ponte Ourense
Os dous equípos necesitan os puntos por motivos moi diferentes. O Alondras querese enganchar os 5 equípos de cabeza, mentras que o Ponte Ourense quere afastrase un pouco mais da zoa de perigo.

Pabellón "B" - C.D. Lérez
O Pabellón intentará gañar a un equípo moi correoso fora do seu feudo, e que se encontra nunha zoa moi delicada xa que esta a tan so 1 punto do descenso.

martes, 25 de noviembre de 2008




Boas Joserra

Esta semana foches valorado o mellor xogador do partido ante o Colexio Hogar por o entrenador. ¿Como se leva?.
Sempre gusta que se valore o teu traballo, pero todos estuberon fenomenal e foi un bo partido, anque tamen e certo que se nos complicou demasiado, cando debería estar controlado. Inda asi bon partido de todos individualmente.

Dous dos tres goles foron teus, e menudos golazos, vese que estas nun gran momento de forma. ¿Ti como te encontras?
Con mais gañas que nunca si, e bon momento tamen, parece que salen as cousas hai que seguír asi todo o equípo.

¿Cres que merecemos a victoria?
Sin duda, tiraronnos duas veces a porta e marcaronnos dous goles. Nos tubemos moitas ocasions e fomos claros gañadores.

¿Como viches o equípo nesta victoria moi sufrida?.
O equipo sempre lle costaba moito remontar, cando nos marcaban viñamosnos abaixo e costaba xogar pero demostramos que podemos remontar, e que podemos estar aí arriba.

Para o fin de semana enfrentamos a un dos favoritos o ascenso, e que se encontra dous puntos por debaixo nosa. ¿Como ves o equípo de cara este durisimo encontro?.
O equípo con mais ganas que nunca, se o Portonovo quere gañarnos vai ter que sufrir, poñeremosllelo moi difícil. Ahora vamos a por todas.

Temos un par de vaixas moi importantes ¿Cres que se vai notar no campo?
Todos son importantes, pero ai plantilla para suplilos...sin duda. E claro que son importantes pero somos todos, e ganaremos sen eles, eso seguro.

Despois destes últimos resultados. ¿Como ves a liga?. ¿E o noso equípo?.
A liga igualadisima, levamos uns cuantos resultados bos e non damos subido na clasificación, pero tampouco se nos escaparon os de arriba, e xa esta rota ahora e o momento pa meterse cos de arriba.

¿Cren cres que son os favoritos o ascenso?
Sd Chantada, Arousa. E despois Porriño e pode que Pabellon.

¿Como cres que se encontra o equípo para afronta este vindeiro partido?.
Cun plus de moral pola victorias conseguídas ante o Hogar e o Moaña, preparados para conseguír a 3ª victoria consecutiva.

Eres o maximo goleador do equípo e un dos maximos goleadores de todo o club e da liga galega ¿Atreveriaste a decir una cifra de goles para o final da liga?.
Empezou ben a tempada cos goles, prometin nunha entrevista de fai tempo 15, pero ahora mismo atrevome a decir...!20!, anque estará mui difícil, pero hai qe axudar o equípo en todo o que se poda, e os goles, o fin e o cabo, son o que deciden.

¿E a posicion na que quedaremos?.
Campeons de liga.




Sobre a Liga Galega:

Un equípo: Sd Chantada.
Un xogador: uns poucos...daniel, miko, diego, andre, jordi, jose angel, ero, manu, alex, anton, Failde, ilde, andres, somoza, airiños, noé, adri, joserra.
Dos equipos e dos xogadores contra os que xogastes ata o momento, ¿a que xogador ficharias?.
Non fai falta nadie, pero si por si se lexiona Alex Manu ou Anton traeria o medio do Porriño. jaja.


Muy Personal:

Un número: 10
Un equípo: Chantada e Real Madrid
Un xogador: Kakà, Zidane, Oscar Mendez e Guerreiro.
Un entenador: Oscar Mendez
Un hobbie: os amigos...
Unha manía: nada interesante.
O mellor xogador co que xugaches é: todo e cada un deles. Pero cebolli e un ejemplo.
Con quen che gustaría xogar ao teu caron: Con Raul Gonzalez, pero valeme o adrian jaja.
Un compañeiro: todos e cada un deles, pero tamen Ilde, Jose Ángel e Jordi, jaja danlle ambiente e poñen ese punto de risa que sempre se necesita.
Un gol: volea de Zidane na Champions
O teu mellor gol: supoño que o do outro día contra o Colegio hogar.
Un recuerdo: celebracion do gol de Noé a semana pasada, núnca se me olvidará, que grande! xD
O partido que mellor recordo tes e: Chantada-Barco , esta claro.
O partido que peor recuerdos tes e: Chantada-Guardes, xa todos sabedes o que pasou.
Por que xogas o futbol: porque e o mellor que ai, e porque me divirto xogando, entrenando...
O mellor deste deporte: os compañeiros, coñecer xente...
O peor: As lesions.
Un soño: Ascender este ano a nacional, e meter 3 goles nun partido de galega.
Unha frase: He aprendido que se necesita gozar del viaje y no solo pensar en la meta.


Gracias Joserra.
Sorte.

lunes, 24 de noviembre de 2008



Chantada 3 - 2 Hogar "B"
Unha victoria moi travallada ante un rival correoso que veu a o Sangoñedo por os tres puntos a pesar de estar na zoa baixa da taboa. Merecemos os tres puntos, xa que o único equípo que quíxo xogar ao futbol fomos nos. Despois de una primeira parte con moitas dudas, na que nos fomos o descanso perdendo 0-1, saimos con moitas gañas, e en 5 min demoslle a volta o partido con 2 golazos de Joserra. Cando xa parecia sentenciado, o arbitro señalou un penalti que solo viu el, e expulsou con roxa directa a Alex. Non nos viñemos abaixo e na seguinte xogada, min 84, Noe marcaría o definitivo 3-2 tras culminar una gran contra do equípo.

Caldas 0 - 3 Arousa
O líder non falla, e desde a xornada duas, non sabe o que é perder. Mentras que o Caldas, a pesar de fallar na casa, e a estar facendo un xogo moi mediocre, segue na zoa tranquíla da tabo. Eso si, ahora xa está a tan so 5 puntos do descenso.

AJ Lérez 4 - 0 Moaña
O Lérez consegue una gran victoria ante o pechacancealas da liga, e asi afastase un pouco mais desa zoa perigosa, coa que leva tonteando moito tempo. Mentras que o Moaña afundese na taboa con so 4 puntos de 33 (conta con un partido menos)

Porriño 3 - 3 Portonovo
Duelo de dous equípos recien descendidos e favoritos o ascenso. Foi un partido moi bonito de ver, e no que se puido disfrutar de moi bo fútbol, xa que estes dous equípos contan con duas das mellores plantillas da liga.

Coruxo 2 - 3 Comesaña
O Comesaña salda con una gran vicotria ante un rival complicado que non levanta cabeza, xa que leva 5 xornadas sen gañar e 4 sen puntuar. Mentras que o Comesaña segue imparable, e está a un so punto do lider con un partido menso.

Areas 4 - 0 Ourense "B"
O Areas, a pesar de contra con 5 baixas por sanción, despois dos incidentes ocorridos contra o Comosaña, gañou con claridade a un Ourense que non presentou moita loita, e que segue a tontear cos postos de descenso xa que esta a 6 puntos.

Ponte 1 - 1 Castrelos
O Ponte Ourense non da sacado os tres puntos no seu propio campo ante un rival directo, xa que os dous estan metidos na loita por non entrar en descenso, estan a 4 puntos o Ponte e a 3puntos o Castrelos.

CD Lérez 1 - 2 Alondras
O Alondras gaña un partido moi complicado, xa que o Léres a pesar de estar na zoa baixa da taboa esta a realizar un bo xogo. Mentras que o Alondras saca asi os tres puntos que o fan seguir enganchado os equípos de arriva. Pero a sua causa pendente son so partidos da, casa xa que de 5 xogados solo gañou dous e perdeu tres.

Santa Mariña 1 - 5 Pabellón "B"
O Pabellón gaña con rotundidade ante o Santa Mariña, un equípo que estaba a sacar adiantes os partidos complicados que tiñan. O Pabellón segue a mostrar asi o potencial do seu equípo, a pesar de ser toda xente moi nova

sábado, 22 de noviembre de 2008


Chantada - Hogar "B"
Intentaremos conseguir a nosa 2ª victoria na casa, xa que e a nosa conta pendente desta tempada. Non sera fácil, xa que o Colexio Hogar está nunha situacion difícil e vira por os 3 puntos. Nos faremos to o posible para que non sexa asi, e agradar a aficion con un bo xogo. O equípo esta con moitas gañas despois da última xornada.

Caldas - Arousa
O Caldas a pesar de facer un xogo moi mediocre, encontrase na zoa media da taboa, sen perigo, e este sabado ten un encontro moi difícil,xa que os visita o líder. O Arousa, que recuperou o liderato, non está disposto a perdelo de novo, e ira por os 3 puntos e a afianzar o seu xogo.

AJ Lérez - Moaña
Dous equípos necesitadisimos de puntos. Un porque e o pechacancelas da liga, o Moaña, e outro porque tan so esta a 1 punto dos postos de descenso. Este partido sera coma una final.

Porriño - Portonovo
Duelo de 2 dos favoritos ao ascenso que non acaban de arrancar. O que perda descolgarase un pouco mais, e o que consega os tres puntos seguirá na loita por os postos altos. Os dous veñen de vencer con moita autoridade os seus encontos anteriores.

Coruxo - Comesaña
O Coruxo estase desinflando, e despois de empezar loitando por os postos altos da taboa, mstes intres esta na zoa media da taboa, e quere os 3 puntos para, asi, engancharse de novo os de arriva. Mentras que o Comesaña, que está a 2 puntos do líder, non quere deixalo escapar, a pesar de contar con un partido menos, xa que o anterior partido foi suspendido por incidentes no campo.

Areas - Ourense "B"
O Ourense "B" ten una oportunidade de ouro para sacar os 3 putnos dun campo moi complicado, xa que o Areas ten a 5 xogadores dos titulares expulsados, por os incidentes ocurridos ante o Comesaña, na xornada anterior.

Ponte - Castrelos
Duelo de dous equípos necesitados de punto, que queren tomarse a seguinte xornada mais tranquíla. para iso teñen que conseguir os tres puntos. Ambois equípos encontranse na zoa media-baixa da taboa.

CD Lérez - Alondras
O Alondras intentará non perder de vista os primeiros, xa que e un equípo moi irregular. Ven de perder na casa contra o Pabellón. Mentras que o Lérez, ven de conseguír un punto fora da casa contra un rival directo por a loita do descenso, esto daralles moita mora para saber que poden gañarlles os de arriva.

Santa Mariña - Pabellón "B"
O Pabellon "B" quere seguír a demostrar que e un dos favoritos o ascenso, e é un dos mellores equípos fora da casa. O Santa Mariña intentará seguir na zoa media da táboa.


Boas André


Esta semana foches valorado un dos 3 mellores xogadores do partido ante o Moaña por o entrenador, xunto con Alex e Adri. ¿Como se leva?.
A verdade que é un pracer que o entrenador valore o teu traballo, pero o verdadeiramente importante foi lograr os tres puntos nun partido que deixou moito que desexar. Esto foi posible ao traballo de todo o equipo.

Como ves o resultado do partido. ¿Cres que foi xusto?.
Quizáis foi un premio excesivo para o que se viu no campo. Realizamos un partido paupérrimo en todolos sentidos no cal hai moi pouco rescatable. Inda así destacar a importancia dos 3 puntos logrados que nos permiten seguir a soñar con pelexar cos postos altos

Xa recuperastes a alguns dos lesionados xa que contabamos con moitas baixas, ¿Cres que esto beneficiara o equípo cara as vindeiras xornadas?

Todolos xogadores do equípo teñen unha gran importancia tanto dentro coma fora do campo, polo cal o feito de que a xente se vaia recuperando e unha nota moi positiva. Ademáis , a competencia provoca que non haxa relaxación. Canta máis xente este dispoñibel significa que máis xente pode aportar algo o equipo.

Despois desta última xornada, ¿Como ves a liga?.
Co paso das xornadas vaise rompendo dunha maneira paulatina a clasificación, cuns equipos chamados a estar na parte superior da táboa que se empezan a descolgar o igual que outros na zona baixa. Inda así a confianza pode xogar malas pasadas, xa que hai unha gran igualdade no campo non reflectida na táboa clasificatoria. Pensar que xogar contra os equipos de abaixo e sinónimo de conseguir puntos é un erro, non hai partidos fáciles.

¿Que equípos ves coma favoritos ao ascenso?
Só podo valorar os equipos contra os que xogamos, e deses quedome con Arousa e Porriño. Teñen unha gran plantilla polo que o rematar a tempada estarán arriba seguro. A pesar de inda non xogar contra outros, por experiencia equipos como Comesaña, Alondras... estarán pelexando nos postos altos da clasificación.

¿Como ves este partido contra un rival que esta en postos de desceso?.
As gañas de sumar e de lograr saír dos postos baixos da táboa vai provocar que o C.Hogar seña un rival complicado. Sobre o verde non se reflexa a clasificación, así que non debemos de fiarnos ante o que vai ser un partido duro.

¿Como cres que se encontra o equípo para afronta este vindeiro partido?.
Respírase un ambiente no cal toda a plantilla está moi unida e concienciada de que traballando ben, podemos acadar grandes obxectivos. Foi unha boa semana de traballo e debemos de seguir con esta dinámica. En ilusión e gañas non nos vai gañar nadie, pero debemos de falar no campo e conseguir os 3 puntos no Sangoñedo, unha asignatura pendiente e unha débeda coa afición.

¿Atreberiaste a decir sobre que posicions quedaremos ao final da liga?.
Traballando ben e esixindonos o máximo non me atrevería a poñer metas. A posición final só depende de nós, e estou seguro de que acabaremos nos postos altos. Inda así e moi cedo para falar desto e debemos de ir partido a partido, pero o obxetivo que está patente na mente de todos e o ascenso.

¿E una cifra de goles?
Non son un xogador que se caracterice pola súa faceta goleadora, pero todolos goles que poidan chegar e que servan para axudar o equipo serán ben recibidos. Este ano estreneime como goleador en galega, ¿por que non continuar con esta dinámica?... Chegar os 5 goles estaría xenial.

Sobre a Liga Galega:

Un equipo: O mellor equipo o Areosa, pero quizás mellores xogadores o Porriño.
Un xogador: Calquera do noso equipo, todos se esforzan e se entregan o máximo, algo que só se pode admirar.
Dos equipos e dos xogadores contra os que xogastes ata o momento, ¿a que xogador ficharias?.
Hai moi bos xogadores na categoría, pero xente como o capitán do Porriño marcan as diferencias.



Muy Personal:

Un número: o 4
Un equípo: A SD.Chantada e o Celta.
Un xogador: imposible destacar a un, hainos moi bos... Dende tempos pasados (Maradona) a hoxe en día como Messi, Gerrard...
Un entenador: Oscar Méndez.
Un hobbie: Saír e disfrutar das amizades, escoitar música, a Play...
Unha manía: Dar dous bicos a todolos xogadores antes de saír o terreo de xogo.
O mellor xogador co que xugaches e: Todos realmente bos, cada un sempre aporta o seu.
Con quen che gustaria xogar ao teu caron: Quixera seguir xogando coa mesma xente, mellor imposible.
Un compañeiro: Non un, senon Todos!
Un gol: Airiños contra o Guardés.
O teu mellor gol: Inda que foi acompañado de sorte o que metín este ano en Porriño, fixome moita ilusión aparte de ser o meu 1º en galega.
Un recuerdo: Xogar dende novo a todalas horas nas rúas de marín, era incríble.
O partido que mellor recordo tes e: A victoria en barco onde gañamos a liga. Indescriptible.
O partido que peor recuerdos tes e: Chantada-Guardés. Inda que xogar ese partido foi algo abraiante, o mal sabor de boca do final nunca se esquecerá.
Por que xogas o futbol: Porque o fútbol non é unha cuestión de vida ou morte, e algo moito máis ca eso. "Bill Shankly"
O mellor deste deporte: Gozar da compaña dos compañeiros e a capacidade de ilusionarte e disfrutar.
O peor: As lesións sen dúbida. Algo secundario os fracasos.Un soño: Xogar en Anfield.
Unha frase: "La vida es algo que hay que morder"


Grazas André.
Sorte.

miércoles, 19 de noviembre de 2008


Moaña 0 - 1 Chantada
Trouxemos os 3 puntos, a pesar de que non realizamos un moi bo partido. O gol chegaría no min 91, un gol de Noe que aprobeiton un balon solto na frontal da area pa facerlle una gran vaselina o porteiro.

Caldas 0 - 0 Santa Mariña
O Caldas e o Santa Mariña seguen coa sua traxectoria ascendente, xa que comezaron mal a liga e xa se sitúaron na zoa tranquíla da táboa. Un empate que serbe ou non as aspiracions de cada un, pero un empate xusto.

Arousa 2 - 1 AJ Lérez
O Arousa non falla, e segue na fronte da taboa. Mentras que o Lérez métese na zoa de perigo, e está a tan so 2 punto do descenso, a pesar de contar con un bo conxunto de xogadores.

Hogar B 1 - 4 Porriño
O Hogar, tiña a oportunida de sair do descenso, pero non puido a pesar de xogar na casa, porque a visita que recivía era a do Porriño, un dos rivales mais fuertes da liga, e un dos grandes favoritos o ascenso.

Portonovo 3 - 0 Coruxo
O Portonovo segue subindo postos, mentras que o Coruxo, e todo contrario,xa que leva 3 xornadas sen puntar, e 5 sen coñecer a victoria despois de empezar moi forte a liga,e con un bo xogo.

Comesaña - Areas
Este partido foi suspedido no min 75 por o árbitro, xa que empezaron a haber incidentesh e tubo que facer acto de presencia a Policía Nadional. Gañaba o Comesaña 2-1 e o Areas contaba con 8 xugadores xa que espulsaron a3 xogadores de campo.

Ourense "B" 2 - 1 Ponte Ourense
O Ourense, segue coa sua loita por saír dos postos perigoso, e estao conseguído, xa que leva 3 xoranadas consecutivas gañando, e xa se sitúa na metade da táboa. Mentras que o Ponte Ourense despois de un mal comezo, e una esperanzadora suma de victorias consecutivas, volvese a situar a 3 puntos do descenso.
Castrelos 0 - 0 CD Lérez
Duelo de 2 equípos necesitados de puntos. O Castrelos despois de estar toda a liga nos postos de descenso, saíu hai 2 xornadas e estase recuperando con un bo xogo. Mentras q o Lérez, metese nesa pelea, e está a tan so 1 punto do descenso.

Alondras 0 - 1 Pabellón "B"
O Pabellón, con esta victoria ante un dos favoritos o ascenso, mostra claramente a sua candidatura, a pesar de non ser un dos favoritos sobre o papel, metese na loita por a cabeza da taboa. O Alondras desínchase e non acaba de arrancar.

viernes, 14 de noviembre de 2008



Moaña - Chantada
Despois do último partido xogado que empatamos contra o líder con un menos desde o min 27, estamos moi motivados para este partido, xogamos contra o último da taboa, pero sería un gran error pensar que imos gañar, por eso estamos mentaizados de que eses 3 puntos son moi importantes para achegarnos a zoa alta da taboa.

Caldas - Santa Mariña
Caldas e Santa Mariña pelean por seguir na zoa media da taboa, o que falle enterrarase un pouco mais xa que os equipos da zoa de abaixo apretan moito.

Arousa - AJ Lérez
O Arousa intentará recupera o liderato pedido despois da última xornada, ahora encontrase 3 a 1 punto do lider. Mentras que o Lérez intentará salir un pouco mais da zona de descenso, zona que non da salido completamente xa que este equipo e moi irregular.

Hogar "B" - Porriño
O Hogar intentará alexarse da zoa de descenso, xa que foi inquilino deses postos escuros toa a liga e aoa que saliu de hai a pasada xornada non quere regresar. Mentras que o Porriño necesita a victoria xa que un dos 4 favoritos o ascenso, e non acaba de arrancar completamente, a pesar de contar con una plantilla moi completa.

Portonovo - Coruxo
O Coruxe despois de empezar mal a liga, e de recuperarse con un bo xogo, volvese a estar desinflando, e leva varias xornadas sen gañar, intentará sacar algo ante un rival moi complicado xa que e un recien descendido e o seu obxetivo e ascender novamente.

Comesaña - Areas
Duelo por o liderato. O Areas a pesar de realizar un xogo moi racano e pouco vistoso encotrase líder a un punto do seu ruval desta semana, e do Arousa, non se poden permitir fallar xa que os equípos de atras apretan moi forte, e o que falle vai perder postos.

Ourense "B" - Ponte
Duelo Ourensán. Duelo entre dous equípos que necesitan os puntos. Mentras que o Ourense necesitaos para seguír escapandolle os postos de descenso, o Ponte Ourense necesitaos para seguír escalando postos despois de empezar moi mal a liga.

Castrelos - CD Lérez
O Castrelos leva un par de xormadas puntuando, e contra equipos moi compicado. Esto serviralles para enchelos de moral xa que estan nunha posición moi complicada. Mentras que o Lérez, que se encontra nesa mesma posición, queres os 3 puntos como recompensa o bon xogo que está a realizar.

Alondras - Pabellón "B"
Un duelo moi bonito de ver xa que son 2 equípos za zoa altra da taboa que non se queren desenganchar dos de3 de arriba. Os 2 querenb a victoria, e o Alondras non esta disposto a deixar escapar mais puntod so seu feudo, xa que dos 3 partidos perdidos, 2 foron na casa.

martes, 11 de noviembre de 2008


Boas Tony


Esta semana foches valorado o mellor do partido por o entrenador, e ademais era contra o lider, ¿Como se leva?.
Pois a verdade estou moi contento de que o mister valorara de forma positiva o meu traballo, xa que o meu obxectivo é intentar facelo o mellor posíbel e intentar facer sempre o que o el me pida. A pesar disto, non creo que o fixera mellor que outros compañeiros, pois logrouse completar un gran partido fronte a un rival difícil e penso que tanto individual como colectivamente se fixo un bo partido por parte de todos.


Como ves o resultado do partido. ¿Cres que foi xusto?.
O empate creo que foi o mais xusto para os dous eqipos , pois o Arousa, persoalmente foi o mellor equipo co que nos atopamos ate o de agora e, debido a isto e a unha serie de circunstancias negativas para nos, coma a expulsion de Dani, tivemos que sobrepoñernos e pelexar durante todo o partido. Defendémonos bastante ben e non renunciamos nunca a procura da portería rival.


¿Crees que a cantidade de vaixas poido influir?.
A verdade é que tivemos que afrontar este duro choque con varias baixas de xogadores que estaban a ser importantes para o equipo. Aínda que eso non debe ser nunca unha excusa, e como ben dixen antes, creo que nos repuxemos bastante ben a esa serie de problemas e competimoslle de tu a tu ao líder, cousa que debe ser valorada moi positivamente.


Despois desta ultima xornada, ¿Como ves a liga?.
Dende logo que non se pode dicir que este ano non hai unha liga competida e reñida pois non hai mais que ver os resultados semana a semana para decatarse do dura que esta sendo esta tempada. Supoño que será así ata o final polo que non podemos baixar os brazos nunca e temos que seguir loitando ata o derradeiro partido, pois as victorias estanse vendendo moi caras.


Que esperas da visita a Moaña, o pechacancelas da liga.
Sería un gran erro que nos fixasemos na sua posición na táboa, pois tivo partidos nos que competiu ben e seguro que tentarán sacar os 3 puntos do seu campo para sair do último posto. En canto a nos debemos ir con prudencia e sobretodo con respecto pero sabendo que necesitamos a victoria para non perder distancia cos de arriba.


¿Como cres que se encontra o equipo para afronta este vindeiro partido?.
Despóis do gran partido feito contra o Arousa, o equipo está moi motivado de cara ao seguinte choque, xa que sabemos que xogando partidos coma os do outro día podemos estar cos de arriba, que é polo que queremos estar loitando ao final da tempada.


¿Atreberiaste a decir sobre que posicions quedaremos ao final da liga?.
A estas alturas de campionato aínda é algo cedo para pronosticar algo. Do que non teño dúbida é de que gozamos dun gran grupo e dun magnífico adestrador polo que deberíamos de sacarlle o maior proveito posíbel para facer unha boa tempada. Creo que o noso obxectivo debe ser o de estar loitando polos 5 ou 6 primeiros postos sen renunciar a nada.

Sobre a Liga Galega:
Un equipo: Ata agora o Arousa. O Porriño tamen me gustou.
Un xogador: O capitán do Porrriño que xogaba de mediocentro.
Dos equipos e dos xogadores contra os que xogastes ata o momento, ¿a que xogador ficharias?. Creo que non fai falta fichar a ninguen porque creo que temos un gran equipo. Ao mellor temos unha plantilla un pouco curta pero tamen está ahí o equipo B do que se pode tirar xa que está a traballar moi ben
Muy Personal:
Un número: 8.
Un equípo: S.D.Chantada.
Un xogador: Fernando Redondo e Zidane.
Un entenador: Óscar Méndez, Javi Ramos e Isaac.
Un hobbie: Escoitar música, practicar outros deportes, sair cos amigos...
Otro deporte: Baloncesto, tenis, natación, voleybol, bádminton...
Unha manía: Facer o sinal da cruz ao sair ao campo.
O mellor xogador co que xugaches e: moitos pero se hai que dicir un pois...Álex.
Con quen che gustaria xogar ao teu caron: cos mesmos compañeiros que estou a xogar agora mesmo durante moitos anos.
Un compañeiro: Todos son bos compañeiros.
Un gol: O da final da champions de Zidane.
O teu mellor gol:Non teño moitos onde escoller pero quizais un de falta tamen o ano pasado que tiven a sorte de metelo pola escuadra jeje. O que metín este ano contra o AJ Lérez tamén estivo ben =).
Un recuerdo: O de estar xogando ao fútbol cos meus primos e o meu irman en Mariz no prado da miña abuela.
O partido que mellor recordo tes e: Sin duda o que nos deu o título de liga cadete fronte ao Barco fai 2 tempadas.
O partido que peor recuerdos tes e: Sin duda tamen o partido contra o Guardes en cadetes na fase de ascenso cando nos eliminaron no último minuto cando estabamos ascencidos.
Por que xogas o futbol: Porque é a mellor maneira para min de divertirme cos meus amigos e porque me gusta competir.
O mellor deste deporte: A satisfacción logo de conseguir os obxectivos/victorias marcados despois dun bo traballo realizado.
O peor: As lesiónsUnha anécdota: A do último partido por exemplo, no que Ero se tivo que poñer de porteiro e fixo un partidazo.
Un soño: Poder xogar ao fútbol moito tempo e intentar lograr unha conta pendente que temos desde algún tempo este grupo de xogadores que estamos agora nos xuvenis.
Unha frase: QUERER É PODER / Un gol é o orgasmo dun futbolista =).
Gracias Antón.
Suerte.

lunes, 10 de noviembre de 2008

Chantada 1 - 1 Arousa
Gran partido, no que merecesmo algo mais. Fomos superiores, a pesar de xogar con un home menos desde o min 30, tras a expulsión de Chicho. O non contar con porteriro suplente puxose un xogador de campo, Ero, e realizou un esplendido partido. A pesar de todos os que se nos puxo en contra, mecerezmoa mais ca o lider da categoría.

Santa Mariña 1 - 1 Alondras
O Santa Mariña volve puntuar despois de caer na pasada xornada fora do seu feudo, e segue nos postos medios da taboa sen pasar apuros. Mentras que o Alondras, a pesar de ser un dos favoritos, non convence, xa que os dous enfrentamientos contra os equípos da zona baixa da taboa, saldounos con 2 empates.

Pabellón "B" 0 - 2 Castrelos
A gran sorpresa da xornada. O Castrelo, un dos equipos de postos de descenso, gañalle na casa a o único equípo invicto da categoría. Con esta victoria, o Castrelso sale dos postos de descenso, pero solo esta a un punto.

CD Lérez 0 - 1 Ourense "B"
O Lerez metese na zona perofgosa da taboa, xa que está empatao a puntos co Hogar, equipo que ocupa postos de descenso. Mentras que o Ourense estaba en perigo pero con esta victoria ante un rival directo afastase un pouco mais.

Ponte Ourense 1 - 2 Comesaña
O Comesaña segue nunha voa xeira de resultados, e sitúase 2º, a tan so 1 punto do lider. mentras que o Ponte, despoois dun comezo de liga con moitas duvidas, segue situado na zoa media da taboa sen pasar moitos apuros.

Areas 5 - 2 Portonovo
O Areas , un resien ascendido, esta a comandar a liga, a pesar de non facer un moi bo xogo. E o Portonovo un recien descendido, cae con contundencia e segue sen funcionar como querían, xa que as aspiracions deste equípo e voltar a nacional.

Coruxo 1 - 3 Hogar "B"
A segunda sorpresa da xornada. O Hogar, outro dos equípos de descenso, gana con claridade a un equipo da zona media-alta da táboa. Pese a todo segue nos postos de descenso. mentras que o Coruxo baixa enteiros na taboa.

Porriño 3 - 1 Moaña
O Porriño volve a senda do triufo. Despois dos últimos partidos con dudas, e sen victorias, volve a o bo camiño, xa que é un dos grandes favoritos a o ascenso.
Mentras que o Moaña, segue de capa caída, desde a xornada 1 non conoze a victoria, e non opuntua desde a 2.

AJ Lérez 2 - 2 Caldas
O Caldas, saca un empate nun dos campos mais c0omplicados, a pesar de que o Lerez esta na zona media-baixa, está a realizar un xogo vistoso. Mentras que o Caldas e todo o contrario.

jueves, 6 de noviembre de 2008

Chantada - Arousa
Visitanos o lider, o equípo que mellor se está a mostra nestes momentos da liga. Nos intentaremos volver a seira do triúnfo, estamos con gañas de resarcirnos da última derrota, e conscientes de que podemos sacar una victoria moi importante.

Santa Mariña - Alondras
O Alondras intentará sacar os 3 puntos nun campo complicado, pero no que é o favorito, e asi chegarse un pouco mais a cabeza da taboa. Mentras que o Santa Mariña, non quere deixar escapar ningun puntos do seu feudo e quere seguir na zoa tranquíla da taboa.

Pabellón "B" - Castrelos
O Pabellón quere seguír sendo o único equípo invicto da liga, pese a que na casa solo conseguíu una victoria e tres empates. Mentras que o Castrelo, que se encotra nua zoa moi perigosa da taboa, e acaba de salir dos postos de descenso, quere seguír escalando postos, e non irse de valeiro de Ourense.

CD Lérez - Ourense "B"
Duelo de equípos moi necesitados de puntos, xa que se encotran nunha zoa moi perigosa da táboa, xa que os 2 se encotran a 3 puntos da zoa de descenso. Ambos contan con 7 puntos.

Ponte - Comesaña
O Ponte Ourense, despois de empezar a liga con moitas dúvidas, leva 3 partidos sen perder e quere seguír nesa voa xeira de resultados. Mentras que o Comesaña, que e 3º na taboa, non quere perder a seira do lider xa que se encontra atan so 2 puntos.

Areas - Portonovo
O Areas, a pesar de ser un recien ascendiso, e a non realizar un moi bo xogo, encontrase 2º a 2 so punto do lider. Mentras que o Portonovo, depois de empezar moi mal a liga, e chegar a ser pechacancelas, estase a resarcir dese mal comezo, e leva seis xornadas sen perder.

Coruxo - Colexio Hogar "B"
O Colexio Hogar está situado nos postos de descenso, e non quere irse de valeiro dun dos campos mais complicados da liga. Mentras que o Coruxo, quere engancharse denovo, o grupo perseguidor dos 3 equipos de cabeza.

Porriño - Moaña
O Porriño, un dos equípos favoritos o ascenso final, non acaba de arrancar, a pesar de ter una das melores plantillas da liga, e está a 7 puntos do lider. Mentras que o Moaña, e o novo inquilino dos postos de descenso, xunto co Colexio Hogar, e quere sair deses postos.

AJ Lérez - Caldas

O Lérez, está nuna zoa tranquila da táboa, e ven duga goleada on equípo desa mesma zona. Mentras que o Caldas encóntrase nunha boa racha de resultados, e quere seguír con esa xeira.

miércoles, 5 de noviembre de 2008

Caldas 3 - 1 Chantada
Derrota moi dolorosa, fomos superiores e dominamos todo o partido, escepto os primeiros 15 min. Neste tempo encaixamos os 2 goles, que chegararon no min 5 e no min 15 despois de sendos fallos defensivos. Una derrota que nos alexa dos postos de cabeza xa que os equipos de arriba nn fallan. Mentras que o Caldas sitúase nunha zoa moi cómoda da taboa.

AJ Lérez 3 - 0 Santa Mariña
O Lérez gana con claridade, e afastase un pouco mais da zoa de perigoxa que estaba a un so punto da zoa de descenso. Mentras que o Santa Mariña perdeu una oportunidade de achegarse os equipos de medio da taboa en adiante.

Arousa 5 - 2 Porriño
O lider non falla. O Arousa e o mellor equípo da categoría, por o que se está a ver nestas xornadas, e é o que mellor nivel esta a mostras. Gañoulle con claridade a un dos seus rivales directos, xa que o Porriño e outro dos favoritos o ascenso.

Moaña - Coruxo

Hogar "B" 0 - 3 Areas
O Areas sigue coa sua Boa racha e está segundo a un so punto do lider. A pesar de nn faser un moi bo xogo esta sacando resultados. Mentras que o Hogar "B" afúndese na táboa, e é o novo pechacancelas da liga.

Portonovo 0 - 0 Ponte
O Ponte Ourense, saca un punto dun campo moi complicado, xa que o Portonovo, a pesar de comezar moi mal a liga, e chegar a ser o pechacancelas, estase a resarcir de se mal comezo e está 5º a 6 punots do lider.

Comesaña 1 - 0 CD Lérez
O Comesaña segue co seu momento dulce da liga, e está 3º a 3 puntos do lider. Mentras que o Lérez, despois de estar un par de semanas na zoa tranquíla, volvese a meter na zoa perigosa, e esta a 2 puntos do descenaso.

Ourense "B" 1 - 5 Pabellón "B"
Duelo Ourensán que se salda con una derrota moi clara a fabor do Pabellón. O Pabellón está a realizar un comezo de liga moi bo, e o único equípo invicto da liga e está 4º a 3 puntos do lider. Mentras que o Ourense complícase moito a vida, e métese de cheo na zoa perigosa da taboa, esta a 3 puntos do descenso.

Castrelos 1 - 1 Alondras
O Alondras pese a ser o favorito neste encontro solo deu sacado 1 punto, o que o fai desengancharse un pouco da zoa de cabeza. Mentras que o Castrelos con ese punto ante un rival moi complicado, pese a xogar na casa, deixa de ser o pechacancelas da liga, e sale dos postos de descenso.